sábado, 22 de noviembre de 2014

CHEGOU MARCOS

Chegou Marcos e non nos defraudou, coa súa sabiduría, a súa sensibilidade e o seu agarimo polos rapaces, que son para el o mellor do mundo, xunto cos animais. Nós non  esqueceremos a tenra despedida  de ouveos  dos lobiños e a resposta da mamá  loba, no patio do colexio. Ata calquera día, Marcos!

miércoles, 19 de noviembre de 2014

ENTRELOBOS, ENTRENÓS


O venres, dentro do proxecto de biblioteca deste ano, proxectaremos a película Entrelobos de Gerardo Olivares. Entra aquí para coñecer a ficha técnica e a sipnose. ENTRA.
Despois da proxección  teremos o pracer de ter entre nós  a Marcos Rodríguez  Pantoja, o protagonista real desa película, para poder facerlles todas as preguntas que, de seguro, a historia  nos vai suscitar  a todos.

martes, 4 de noviembre de 2014

RECURSOS PARA OS ECOSISTEMAS

Se picades no enlace, atoparedes  variedade de recursos para investigar a aprender sobre os ecosistemas do noso contorno  e  sobre os ecosistemas en xeral. ENTRA E INVESTIGA!

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Entre cabazas acesas polos corredores e pinturas terroríficas, así celebramos o Samaín na biblioteca: coa creación dun recantiño de lecturas de medo e, por suposto, coa lectura de contos  e proxección de curtas de medo!