lunes, 27 de enero de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS


Hoxe pola tarde partiron as mochilas viaxeiras  cargadas de libros e películas! Durante unha semana, acompañarán aos nosos nenos/as e ás súas familias coa intención de facerlles pasar momentos agradables de unión familiar. A gozar!

viernes, 24 de enero de 2014

ACTIVIDADES POLA PAZ

O venres que vén, para celebrar o día da Paz , veremos un documental sobre a vida dos nenos saharahuis, que como vedes na foto, apenas dispoñen de recursos nas súas escolas, e a profe Fátima contaranos,  de primeira man, as súas experiencias entre eles.
Tamén veremos a curta Rubina, a vida dunha nena hindú, que soña con ser actriz.
Todo iso será pola mañá, porque pola tarde realizaremos, ao igual ca varios  colexios da zona,  unha carreira solidaria para recadar fondos destinados a traer de vacacións a nenos saharahuis.

miércoles, 8 de enero de 2014

O SOÑO DE RUBINA

Que foi de Rubina, a protagonista da película Slumdog Millonaire, premiada con oito  Oscar en Hollywood? Descubrirémolo nesta magnífica curta e coñeceremos a vida actual , non só de Rubina, senon tamén de milleiros  de rapaces e rapazas que viven unha dificilísima realidade.

NORMALIZADORAS DA LINGUA

Normalizar a lingua, é dicir darlle uso, falalo cada día, a todas horas. Iso é o que pretende o grupo de colaboradoras da Biblioteca. Ademais dese labor tan importante que prestan voluntariamente, atendendo aos nenos na biblioteca, léndolle contos, colocando os libros, etc, as colaboradoras , a partir de agora, desenvolverán o importantísimo labor de falar a lingua con corrección para llela transmitir aos máis pequenos, porque todos sabemos que a mellor maneira de normalizar un idioma e " darlle á lingua con propiedade"!

FEIRA DO LIBRO DE SEGUNDA MAN E MERCA DE NOVOS DVDs

A biblioteca do centro organizou unha feira de libros de segunda man, procedentes da propia biblioteca, así coma de doazóns de profesores e pais.  Este ano cos cartos obtidos  (140 euros) mercamos DVDs que é o máis necesario.Aquí os tedes, a punto de ser catalogados e postos nos estantes!!