viernes, 17 de mayo de 2013

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas xuntámonos todos na  biblioteca. Alí tivemos a oportunidade de escoitar unha entrevista  feita pola xornalista  Ainara ao mesmiño roberto Vidal Bolaño! Tamén houbo dramatizacións de fragmentos das súas obras de teatro e lectura de poemas sobre a auga, o proxecto deste ano.











viernes, 10 de mayo de 2013

EXPOSICÓN DA BIOGRAFIA E FOTOS DE VIDAL BOLAÑO

Reunimos fotografías  de Roberto Vidal Bolaño para saber como era e coñecelo un pouquiño máis.

POEMAS DA AUGA

Fomos á biblioteca, buscamos poemas relacionados coa auga nos libros de poesía, ampliámolos e agora estamos preparando a súa lectura na clase, para lelos na biblioteca diante dos demais alumnos.


sábado, 4 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013



Para coñecer un pouquiño ao  escritor homenaxeado no día das Letras Galegas deste ano, tedes aquí unha páxina á que compañeiros de diferentes colexios de Galicia foron enviando os seus traballos para compartir con todos nós. Non esperes máis, entra xa e descubre a ROBERTO VIDAL BOLAÑO!
PICA AQUÍ!

PREMIOS CONCURSO DA AUGA

Estes son os afortunados do "Concurso da Auga". Aquí están na biblioteca, onde se realizou o sorteo, rodeados dos compañeiros e compañeiras.Parabéns!