domingo, 11 de diciembre de 2011

A RECICLAXE E OS NOSOS BOSQUES



Xa que neste curso estamos a traballar sobre os bosques e o seu coidado, falaremos e trataremos tamén A RECICLAXE: a mellor forma de garantir que o noso planeta durará un pouco máis.

Para iso, recomendámosvos visitar a seguinte páxina, e un libro de actividades LIM dun colexio de Boiro, e que quixeron compartir connos.


A  RECICLAXE 1                                   A RECICLAXE 2                     


 A RECICLAXE 3                                    A RECICLAXE 4

Xa vos poñeremos unha proba para ver canto aprendístedes sobre a reciclaxe...

jueves, 3 de noviembre de 2011

saída ao río

Para ver as fotos da saída ao río
pulsa aquí

sábado, 29 de octubre de 2011


Flappi, a nosa mascota da biblioteca, preséntavos o novo proxecto deste curso:

"OS BOSQUES"

Eses amigos que temos cerca de nós e que ás veces esquecémonos do importantes que son.

As actividades son variadas e prácticas:

* Cada aula escollerá unha das árbores que temos no colexio e colocaremos a súa imaxe e nome na porta.

* Sairemos visitar un bosque de ribeira.

* Xogaremos coa fantasía: seres do bosque, reais e imaxinarios, encherán os nosos contos e historias.

* Todas as actividades relacionadas coa Biblioteca terán unha perspectiva máis verde: A RECICLAXE é outro punto a tocar.

E así, ó longo de todo o curso, iremos cambiando a nosa visión sobre as árbores, a súa función, os problemas que están a sufrir os bosques, a contaminación, a reutilización de materiais, saber o que é compostaxe, etc...